Leoteca - Parte de Smartick

< Volver

Resultados de tu búsqueda: 69 libros

Alicia é unha rapaza trastísima e, ao parecer, todo lle vén do seu ingobernable desexo de saber, de coñecer e de experimentar. Cando Alicia e os seus amigos inseparables, Álvaro, Aida, Alba e Anxo se afanaban en construír unha cabana interminable onde planificar os seus xogos, apareceu Pumariño, un vello que andaba sempre a picar nas paredes da casa de Eiravella. Alicia e a súa panda descubrirán que trala mudez do reverencioso Pumariño, arrástrase unha tristísima ferida familiar que vén dos tempos da guerra. O desexo de coñecer que impulsa Alicia levará a panda a amigarse con aquel toliño que vivía nunha casoupa das aforas, onde gardaba tesouros extraordinarios: saquetiñas de tea que ocultaban xoais, aneis e brincos, moedas de ouro, reloxos de peto… Pero os maiores segredos que Pumariño desvelará a panda seran os seus debuxos, paisaxes marabillososas que ninguén en Eiravella sería quen de imitar e, sobre todo, a entrada á casa da luz, onde se aliñaban unha morea de cadros. Naquela casa da luz, Alicia e os seus amigos poderán entrar nos propios cadros e vivir as aventuras que algún día, Duarte o pintor que descoñecen, imaxinou e non foi quen sequera de pintar. Unha viaxe fantástica que permitirá aos rapaces percorrer o labirinto da torre e coñecer aos homes que perderon as ás. Viaxar dentro de cadros que falan do futuro que nos agarda, un futuro que só se pode albiscar do outro lado dos cadros. A casa da luz, a última novela de Xabier. P. Docampo, recolle a aventura dunha panda de rapaces e rapazas que entran en contacto co mundo da arte e da memoria da guerra dun tempo pasado. Unha aventura que vai acabar por modificar a súa forma de estar no mundo e que constitúe unha reivindicación, tamén, da beleza e da arte. Os cadros que atravesán os protagonistas, obra de grandes pintores como Dalí, Escher ou Palo Ucello, son recreados no libro polo ilustrador Xosé Cobas, empurrando ao lector xove de forma irresistible cara ao mundo da arte.

A casa da luz

DoCampo, Xabier P.

192Ver
12+

A merla de trapo, a obra de Antón Cortizas gañadora do Premio Merlín 2001, é unha historia de fadas pero que non ten fadas. A protagonista é Antonia, unha humilde costureira que traballa nas casas onde a chaman, a cambio da comida e dalgunhas moedas. Cando costuraba para os seus veciños, Antonia traballaba na súa casa da rúa das Pétalas, onde unha mañá pousou, na varanda da xanela, un merlo de ferro, un paxariño que tiña no peteiro un estorbo que lle impedía cantar. Antonia conseguiu que aquel merlo marabilloso, posuidor dun peteiro escintilante e dourado feito de raios de sol ben apertadiños, volvese cantar; retirándolle aquela xelatina de silencio, aquel cachiño de lúa que lle quedara pegado no peteiro. Ao cabo dun tempo, a costureira observou que o merlo cantaba cada vez durante menos tempo; mesmo un día apareceu cunha pequena póla de sen-ninguén, esa herba solitaria coa que o paxaro lle quería comunicar que estaba triste e se atopa só. A costureiriña, conmovida, decidiu proporcionarlle unha compañeira, ganduxar unha merla de trapo que o acompañase. Traballadora como era, cortou dúas siluetas iguais sobre un lenzo branco, encheunas de guata, coseunas con frío branco, forrounas con retallos de anoitecida, empregando os fíos que lle arrincara ás noites de lúa: a merla de trapo e o merlo de ferro axiña namoraron e comezaron a construír un niño de luz e sombra. A Antonia a maxia quedáralle pousada nos dedos, os tres paxaros de cores do grandioso carballo aprendéranlle a ler, quedara invericada, moi invericada. E así, os efectos do seu quefacer eran imprevistos: os botóns que poñía nas blusas permitían saber a hora exacta que era, por que o temo quedara prendido nos ollas dos botóns, ou era quen de coser música sobre a chaqueta de maón do seu amado ferreiro. En A merla de trapo desfilan tamén outros contos de maxia, como o rei de moi mal carácter e ansias desmedidas de poder, con múltiples serventes, pero que non posuía esa capacidade humana de soñar.

A merla de trapo

Cortizas, Antón

176Ver
12+